En hóquei a patíns, o Cerceda venceu por 5 a 6 no campo do Raspeig e colócase a un só punto da lideranza na Primeira División masculina. Na OK Liga feminina, nova derrota do Traviesas, desta vez por 0 a 6 fronte ao líder Voltregá. As viguesas aínda non puntuaron e son pechacancelas da clasificación. Neste final de semana non houbo competición na OK Liga masculina.
Fálase
O CHL Meigas non puido conseguir a súa segunda vitoria consecutiva e perdeu por un apertado 4 a 5 fronte ás Walkyrias madrileñas. As luguesas seguen a ocupar a 7ª posición na Liga Elite Feminina.
A luz subirá en xaneiro arredor dun 4%. Cóntao El Diario.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, defende nunha entrevista en El País a opción "política" de que a relixión estea presente nas aulas, admite que o alumnado catalán non "esquece" o castelán e cualifica a homosexualidade de "fenómeno".
#XAsambleaIU IU aproba unha declaración na súa asemblea na que aspira a ser "unha organización de masas" para "liderar a rebelión democrática". En El Diario.
Amaiur agradécelle ao BNG que non se sumase ao "veto" do PSOE e UPyD no recurso conxunto contra o recorte ás pensións
Só o Santiago Futsal logrou un resultado positivo nesta xornada de liga, gañándolle 3-1 ao Zaragoza. O Azkar Lugo caeu goleado 1-7 ante o Navarra e ao Burela aconteceulle o propio por 7-4 fronte aos Ríos Renovables.
A esta hora comeza en Teo o congreso de Compromiso por Galicia, no que a organización se constituirá en partido político
A esta hora comeza en Teo o congreso de Compromiso por Galicia, no que a organización se constituirá en partido político
O tiroteo nunha escola estadounidense e as negociacións entre CiU e ERC enchen, dende diferentes ópticas, a maior parte das portadas dos diarios impresos de tiraxe estatal.