Esquerda Unida celebrará primarias abertas para as municipais na Coruña, Santiago e Ferrol. Yolanda Díaz e Rubén Pérez volven apelar á "confluencia". Cóntao La Opinión
Fálase
Feijóo asegura que non vai "consentir" que quen lle votou ao PP nas municipais de 2011 "quede na casa". Recólleo Faro de Vigo
As intensas chuvias provocan que o Miño reborde ao seu paso por Lugo, entre outros puntos
Arden millóns de libros no incendio da biblioteca do Instituto de Información Científica e Ciencias Sociais de Moscova, unha das maiores de Rusia. Recólleo a BBC
Xa está en marcha a manifestación convocada por Podemos en Madrid. O partido está a ofrecer sinal ao vivo da mobilización, que tamén se pode seguir en El Diario
Somos nós lanza a súa declaración constitutiva. "Temos na nosa historia movementos que cambiaron as cousas, dende as Irmandades da Fala a Nunca Máis, esas son as nosas referencias", di o colectivo que ten a Anxo Quintana como un dos seus referentes.
O BNG celebra esta mañá en Compostela a xornada Por unha tarifa eléctrica galega
O PSdeG condena os ataques "homófobos e intolerantes" sufridos por participantes na "bicada contra a violencia" celebrada este venres na Coruña
Podemos mide hoxe as súas forzas en Madrid cunha manifestación "polo cambio" na que participarán persoas chegadas de todo o Estado. En El Diario
Barreiro, do PP de Lugo, defende a Luis Lamas como "o mellor presidente da historia de Sogama" e reduce a súa dimisión a unha "discusión política". En Faro de Vigo