Salvemos a Fracha levará á vía xudicial o proxecto da autovía A-57. Denuncian que a vía "non é unha circunvalación" senón que "o que se vai facer é un corredor" e sinalan que os Orzamentos do Estado, que destinan 25 millóns á obra, consuman un "disparate" e unha "irresponsabilidade".
Fálase
A deputada de AGE Eva Solla convértese na nova secretaria xeral do PCG, encabezando a única lista presentada no XIII congreso da formación. No seu discurso de clausura, Solla defendeu "un partido á ofensiva, en clara interlocución cos movementos sociais e coa clase obreira".
Salvemos Cabana denuncia que a aseguradora AXA "rexeita facerse cargo" dos gastos xerados polo desastre ambiental xerado polo vertido do Monte Neme. A entidade lembra que os máis de 140.000 euros que custaron as reparacións saíron das arcas dos concellos,
Rajoy afirma na interparlamentaria do PP que España lle está "gañando o pulso á crise" e que tras varios anos xa se pode pronunciar "a palabra recuperación"
A partir das 11.30 comeza a Marea Municipalista que, convocada pola Marea Atlántica, reúne na Coruña representantes da Marea de Vigo, Marea Ártabra, Marea de Pontevedra, Asemblea Cidadá de Compostela, Ames Novo e Ourense en Común para compartir experiencias e metodoloxías de traballo entre os distintos procesos municipalistas. Poderase seguir en directo por streaming.
Faro de Vigo entrevista Santiago Lago, director do Foro Económico de Galicia, que aposta por unha suba salarial para incentivar o consumo e por "introducir a produtividade nas nóminas"
Suecia, onde o centro-esquerda regresou ao poder hai uns días, convértese no primeiro país da UE en recoñecer oficialmente o Estado de Palestina. Ao redor dun cento de países en todo o mundo recoñecen a Palestina.
Este domingo celébranse eleccións presidenciais en Brasil, con Dilma Rouseff en cabeza nas sondaxes (40%), por diante de Marina Silva (25%) e Aécio Neves (20%). Se Rouseff non acada a maioría absoluta, celebraríase unha segunda volta o 24 de outubro
Un vídeo resume o ambiente vivido no regreso de Carne Cruda, que esta semana volveu emitirse, grazas a unha campaña de crowdfunding, reflexionando sobre o futuro do xornalismo nun faladoiro cos directores de eldiario.es, La Marea e Diagonal
O PSOE votará contra a designación de Cañete como comisario. O PP ameaza con tumbar a Comisión proposta por Juncker se Cañete non é elixido comisario