Marea.gal aproba "a cooperación práctica en prol da maior confluencia posible" con Iniciativa pola Unión pero sen integrarse nunha única plataforma. O acordo saíu adiante por 239 votos fronte a 183 que apostaron pola "integración inmediata nunha soa organización". Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
O PP veta a tramitación no Parlamento da ILP para a difusión da obra de Castelao. A iniciativa lexislativa popular viña avalada por máis de 11.000 sinaturas e foi apoiada pola oposición. O texto, defendido no pleno por Pilar García Negro, pódese consultar nesta ligazón
Imputados Artur Mas e dúas conselleras pola consulta celebrada o pasado novembro. Está a contalo Catalunya Plural
Rajoy mantén inmóbil a súa postura cara a Catalunya malia ao resultado electoral do domingo. Analízao eldiario.es
Este martes comeza en Santiago o xuízo polo presunto asasinato da nena Asunta Basterra. Tras a selección do xurado, o mércores producirase o interrogatorio dos dous acusados, a nai e o pai da falecida.
O Supremo valora hoxe se retoma o caso Prestige para valorar a petición da Fiscalía e once partes dunha nova sentenza que amplíe as responsabilidades ditaminadas no xuízo da Audiencia da Coruña
A Mesa celebra a "volta á normalidade" da súa relación co Concello de Santiago tras retormar o contacto perdido "hai catro anos". Así o sinalou a entidade tras a xuntanza do seu presidente, Marcos Marceira, co alcalde compostelán, Martiño Noriega.
A NASA atopa probas da existencia de auga salgada en Marte. Recólleo eldiario.es
Dura reprimenda de Aznar a Rajoy tras os resultados das eleccións catalás: "A túa posición está seriamente comprometida", dille o ex presidente do Goberno de España ao PP no que considera "o peor escenario posible". As súas palabras difúndeas nun comunicado da FAES
R logra a adxudicación da telefonía fixa e da rede corporativa da Xunta e Vodafone obtén a da telefonía móbil. O importe dos contratos supera os 30 millóns de euros.