A NASA atopa probas da existencia de auga salgada en Marte. Recólleo eldiario.es
Fálase
Dura reprimenda de Aznar a Rajoy tras os resultados das eleccións catalás: "A túa posición está seriamente comprometida", dille o ex presidente do Goberno de España ao PP no que considera "o peor escenario posible". As súas palabras difúndeas nun comunicado da FAES
R logra a adxudicación da telefonía fixa e da rede corporativa da Xunta e Vodafone obtén a da telefonía móbil. O importe dos contratos supera os 30 millóns de euros.
O PP pide a Medalla de Ouro de Santiago para Ramón Piñeiro, a quen se lle concedeu en 1989. Recólleo La Voz
O xefe de campaña do PPdeG para as xerais proclama que "Pedro Sánchez pode acabar co sistema". José Manuel Rey afírmao nunha entrevista con ABC
O propietario de Leite Río estuda levar a Madrid unha das súas factorías para evitar as protestas gandeiras de Galicia. Cóntao El Progreso
O lehendakari, Íñigo Urkullu, advirte de que "España tamén ten un problema en Euskadi". Afirmouno no acto do Alderdi Eguna, o día do PNV.
eldiario.es analiza como o resultado do 27-S complica as expectativas do PP nas eleccións xerais. Crónica de Gonzalo Cortizo
Besteiro lamenta a "mala memoria" de Feijóo coas mocións de censura por atacar a da Deputación de Lugo tras avalar a de Boimorto.
ADIF encarga un novo estudo para valorar se o AVE galego é rendible e estudar se ten vía única nalgún treito. Cóntao La Voz