ADIF encarga un novo estudo para valorar se o AVE galego é rendible e estudar se ten vía única nalgún treito. Cóntao La Voz
Fálase
#27S Pechan os colexios electorais en Catalunya, cunha participación masiva. A sondaxe da TV3 dá maioría absoluta ao independentismo e o 49,9% dos votos. Pódese seguir o escrutinio aquí.
Unhas 350 persoas asistiron hoxe en Vigo á homenaxe a Xosé Humberto Baena e tamén a Xosé Luis Sánchez-Bravo, Ramón Garcia Sanz, Angel Otaegi e Yon Paredes Manot, Txiki, asasinados pola ditadura franquista o 27 de setembro de 1975, hai xusto 40 anos. Foto de Adolfo Rial.

O Deportivo golea o Espanyol (3-0) con dous goles de Lucas Pérez e mantense nos postos altos da táboa.
#27S Participación histórica en Catalunya. Ás 18 horas, case sete puntos máis que en 2012.
Iniciativa pola Unión destaca que a súa "razón de ser" é confluír nunha única candidatura. Xosé Manuel Pereiro critica o preacordo entre Anova, Podemos e EU. Máis información, hoxe en Praza.
#27S A participación en Cataluña sobe máis de cinco puntos con respecto a 2012 ás 13 horas.
O longo camiño do procés de Catalunya cara ao 27S. eldiario.es analiza os momentos claves do proceso que comezou cunha gran manifestación pola independencia en 2012.
Iniciativa pola Unión celebra o seu Acto de Apertura en Compostela. Importante asistencia ao Auditorio de Galicia nun cónclave que intentará sentar as bases para unha candidatura galega unitaria de cara ás xerais.