O longo camiño do procés de Catalunya cara ao 27S. eldiario.es analiza os momentos claves do proceso que comezou cunha gran manifestación pola independencia en 2012.
Fálase
Iniciativa pola Unión celebra o seu Acto de Apertura en Compostela. Importante asistencia ao Auditorio de Galicia nun cónclave que intentará sentar as bases para unha candidatura galega unitaria de cara ás xerais.
A Marea de Pontevedra ve "moi positivo" o acordo entre Anova, EU e Podemos para as xerais e avoga por apostar pola coalición para lograr "unha alternativa de unidade e ruptura".
Máis de 1.500 galegos emigraron a Suíza malia as restricións de entrada. Case 40.000 galegos viven no país helvético, segundo o censo do INE.
O Celta logra un empate en Eibar (1-1) e mantense nos postos altos da táboa de Primeira grazas ao gol de Aspas. O Lugo iguala na casa ante o Zaragoza (0-0) e segue invicto. Na 2ªB, o Racing de Ferrol venceu no derbi ao Pontevedra (1-0) e colócase líder.
O voto por correo sobe un 56% e fai prever unha alta participación no #27S. Máis de 130.000 foron os solicitantes.
Xulio Ferreiro alerta dos "pactos de cúpulas" e pide unha candidatura galega cidadá "máis alá" de Podemos para as xerais. O alcalde da Coruña cre que a formación de Pablo Iglesias é "imprescindible pero non suficiente" e avoga pola "horizontalidade".
Pablo Iglesias cre que o preacordo en Galicia "reforza a aposta por un proxecto plurinacional de cambio" e agradece a Beiras e Yolanda Díaz a súa "xenerosidade".
O BNG solicita a comparecencia da ministra Tejerina polo acordo lácteo para que explique a negativa do Goberno a incorporar demandas básicas para os gandeiros. O pacto non foi apoiado nin polo SLG nin por UUAA.
A Coruña propón baixar a taxa da auga e subir o IBI aos pisos baleiros dos bancos. O goberno da Marea Atlántica comezará a vindeira semana a negociar os orzamentos de 2016 coa oposición.