O Deportivo golea o Espanyol (3-0) con dous goles de Lucas Pérez e mantense nos postos altos da táboa.
Fálase
#27S Participación histórica en Catalunya. Ás 18 horas, case sete puntos máis que en 2012.
Iniciativa pola Unión destaca que a súa "razón de ser" é confluír nunha única candidatura. Xosé Manuel Pereiro critica o preacordo entre Anova, Podemos e EU. Máis información, hoxe en Praza.
#27S A participación en Cataluña sobe máis de cinco puntos con respecto a 2012 ás 13 horas.
O longo camiño do procés de Catalunya cara ao 27S. eldiario.es analiza os momentos claves do proceso que comezou cunha gran manifestación pola independencia en 2012.
Iniciativa pola Unión celebra o seu Acto de Apertura en Compostela. Importante asistencia ao Auditorio de Galicia nun cónclave que intentará sentar as bases para unha candidatura galega unitaria de cara ás xerais.
A Marea de Pontevedra ve "moi positivo" o acordo entre Anova, EU e Podemos para as xerais e avoga por apostar pola coalición para lograr "unha alternativa de unidade e ruptura".
Máis de 1.500 galegos emigraron a Suíza malia as restricións de entrada. Case 40.000 galegos viven no país helvético, segundo o censo do INE.
O Celta logra un empate en Eibar (1-1) e mantense nos postos altos da táboa de Primeira grazas ao gol de Aspas. O Lugo iguala na casa ante o Zaragoza (0-0) e segue invicto. Na 2ªB, o Racing de Ferrol venceu no derbi ao Pontevedra (1-0) e colócase líder.
O voto por correo sobe un 56% e fai prever unha alta participación no #27S. Máis de 130.000 foron os solicitantes.