Alexis Tsipras, líder de Syriza, afirma nunha entrevista na CNN que "as medidas de austeridade están poñendo Europa nunha situación de grave perigo. Por iso queremos cambiar as medidas de austeridade en Grecia e en Europa. E queremos facelo en cooperación coas outras forzas políticas e cos pobos de Europa. A xente quere un cambio de verdade"
Fálase
Unha infografía permite ver nunha soa ollada o incremento do paro en cada provincia dende 2007.
A revista Vanity Fair dedica a portada de xuño da súa edición española a Corinna zu Sayn-Wittgenstein, "a misteriosa amiga do rei Juan Carlos", segundo a revista
O Goberno central dá o visto bo ao plan de reequilibrio orzamentario de Galicia no Consello de Política Fiscal e Financeira. Foron aprobados os plans de todas as comunidades autónomas agás o de Asturias.
Vén de rematar o Consello de Política Fiscal e Financeira. Nuns minutos comezarán as roldas de prensa do ministro Montoro e dos conselleiros de economía das distintas Comunidades Autónomas
Gz Vídeos amosa a protesta dos afectados polas participacións preferentes das antigas caixas, este mércores en Moaña
Liberdade baixo fianza para Laura Gómez, secretaria de Organización da CGT, e en prisión dende hai case un mes despois de ser detida na folga xeral do 29M
Disquecool repasa O (difícil) estado do libro electrónico en Galicia
Moody's anunciará hoxe unha rebaixa masiva do ráting da banca española. O anuncio agárdase para as nove da noite e podería afectar a 21 entidades, segundo Expansión.
O PP acada o apoio de CIU ao decreto que lle permitirá impoñer o presidente de RTVE