#consellodaxunta Feijóo di que Beiras, "que leva trinta anos cobrando do Parlamento", "podía ter unha idea mellor ca un puñetazo para solucionar a crise económica".
Fálase
#consellodaxunta A Xunta elimina a obrigatoriedade de achegar tres testemuñas para inscribirse no rexistro de instrucións previas do Sergas, onde os doentes indican que decisións tomar ante determinados tratamentos ou situacións clínicas.
#consellodaxunta Feijóo asegura que o seu obxectivo é "que a sanidade pública se manteña intacta a pesar da redución dos ingresos".
#consellodaxunta O Consello aborda a Lei de Garantías de espera sanitaria, que fixará tempos máximos de agarda e libre elección de hospital. Segundo Feijóo, é unha norma que xustifica as razóns polas que persoas coma el se seguen "dedicando á política":
O Goberno portugués emprende o maior recorte social da historia do país. Cóntao o diario Público.
Afectados polas preferentes están a realizar nestes momentos un escrache ante a vivenda en Ponteareas de María Nava Castro, secretaria xeral de Turismo da Xunta e ex alcaldesa dese concello. Na pasada lexislatura foi directora xeral de Comercio, e como tal foi a máxima responsable do Instituto Galego de Consumo, organismo que xestiona os proceso de arbitraxe
O Valedor do Pobo comeza a tramitar queixas remitidas a través de Twitter e Facebook
O Colexio Oficial de Psicoloxía outórgalle o seu máximo galardón a José Luis Sampedro, finado recentemente. A Xunta de Goberno do COPG destaca "o seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo, a defensa dos intereses colectivos e a transmisión de principios e valores éticos"
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, será substituído polo vicepresidente, Alfonso Rueda, de hoxe ao día 8, período no que se atopará "ausente". A substitución publícase hoxe no DOG.
García Costas seguirá á fronte de Barreras durante seis anos tras o pacto con Pemex. A operación podería pecharse este mesmo xoves e Pemex inxectará 10 millóns de dólares (7,5 millóns de euros) na ampliación de capital de Barreras