A Policía desaloxa a esta hora a sala Yago, o cine e teatro compostelán ocupado dende a pasada semana e que permanece pechado dende 2007, segundo informan fontes presenciais.
Fálase
Estoupa un artefacto nun caixeiro de Novagalicia en Vigo, segundo informa a Radio Galega
O xornal portugués Público recolle a petición de explicacións da UE a España polo uso de material antidisturbios contra as persoas migrantes que tentaban chegar nadando a Ceuta.
A Fundación Moncho Reboiras lanza un documental sobre a primeira folga xeral galega, convocada en 1984.
Interior recadou 180.000 por multas en manifestacións entre 2012 e 2013. En El Diario
Unhas 7.700 familias con rendas baixas pagan o canon da auga da Xunta malia non ter que facelo. En Faro de Vigo
Fomento estuda unha nova autovía á Meseta que custaría 1.200 millóns. Cóntao El País.
Remata a xornada na Terceira galega. As Pontes, Boiro, Pontevedra, Somozas e Cerceda ocupan os primeiros postos da clasificación.
Pontevedra 0-1 Laracha
Ordes 1-1 Arousa
Dorneda 0-1 Racing Vilalbés
Barbadás 0-4 As Pontes
Boiro 4-2 Cultural Areas
Rápido de Bouzas 0-2 Alondras
Somozas 1-0 Grixoa
Choco 1-0 Cerceda
Deportivo B 0-0 Betanzos
Negreira 1-1 BertamiránsDura derrota do Lugo na Liga Adelante. Caeu 6-0 na súa visita a Girona pero mantense en postos de play-off de ascenso. Na 2ª B, mala xornada para os equipos galegos. Ao empate deste sábado do Rácing de Ferrol ante o Guijuelo (0-0) uníronse este domingo as derrotas do Ourense en Burgos (1-0) e do Celta B ante o Zamora (0-1)
Antonio Caño substituirá Javier Moreno como director de El País, segundo publica Vozpópuli, que se basearía nunha filtración produto dun e-mail enviado polo propio Caño.