A Operación Pokémon está a piques de facer un ano de segredo sumarial. La Región repasa as persoas presuntamente implicadas na trama.
Fálase
O ministro de Economía, Luis de Guindos, calcula que Novagalicia estará vendida en outubro. Asegúrao nunha entrevista a EFE que recolle Galiciaé
As pensións xa representan un terzo das rendas do traballo en Galicia. En Faro de Vigo
A Xunta dá por controlado o incendio de Cualedro, que xa é o maior do verán tras arder, cando menos, unhas 1.280 hectáreas segundo datos oficiais.
Os bombeiros privados van á folga tras seis anos agardando por un regulamento que fixe as obrigas e dereitos da súa profesión. Cóntao El País.
Praza non se actualizará durante as fins de semana de agosto por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!
"A señorita do PP dixo que non van facer declaracións", explicacións do servizo de seguridade de Rajoy á prensa que seguiu o "paseo" do presidente do Goberno central con Feijóo e outros cargos do PP, este mediodía en Vilanova de Arousa. Relátao El País.
A CRTVG chámalle á súa web infantil Xeración Xabarín, o mesmo nome da web de siareiros e siareiras do popular programa infantil que obrigou a pechar baixo a ameaza de adoptar medidas legais.
A Asemblea Galega contra os Lumes lanza unha campaña de recollida de sinaturas para esixir que a Xunta desenvolva "unha nova política forestal que evite os incendios". Pódese asinar nesta ligazón