O 70% dos 58 premios fin de carreira nas tres universidades galegas corresponden a mulleres, segundo vén de facer público a Consellaría de Educación
Fálase
Pilar de Lara solicitoulle ao PP a documentación contable e a tesouraría da formación popular na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol. A xuíza quere rastrear todos os posibes pagamentos de Vendex. De Lara deixa en mans do Tribunal Supremo a decisión de investigar o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro.
O PP aparcará a lei do aborto, segundo publica El Mundo este sábado. Os populares retirarán a súa proposta polo prexuízo electoral que o proxecto lle está provocando ao partido do Goberno.
A ONU ve espazo legal para abrir causas contra o franquismo, como defendía Baltasar Garzón. O relator de Nacións Unidas, Pablo de Greiff, critica que España non resarcira aínda as vítimas da guerra civil e da ditadura.
Este venres comezou en Compostela o festival cultural WOS INC, que se celebrará até o domingo en distintos espazos da cidade, cunha escollida oferta musical (Red Fang, A Place to Bury Strangers, White Hills, Unicornibot, Sonic Jesus...), performances, coloquios, proxeccións audiovisuais e monólogos.
O Ministerio de Facenda e a Comisión Europea danlle vía libre ao rescate de nove autoestradas quebradas, cunha débeda que rolda os 4.000 millóns de euros, e situadas en Madrid e no Levante.
A plataforma SOS Xardíns Mondariz Balneario convoca unha serie de actividades, este sábado, co obxectivo de concienciar a veciñanza sobre a importancia de protexer este espazo, ameazado pola súa recualificación para usos residenciais
Vigo acolleu unha nova concentración para esixir o indulto para os sindicalistas Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, condenados pola súa participación nun piquete.
O Sergas defende sen achegar informes técnicos a súa decisión de suprimir o laboratorio central do proxecto do novo hospital de Vigo e ubicalo no Meixoeiro. O BNG cre que se abre a porta á privatización e o PSOE denuncia represalias contra os médicos críticos
Os comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol denuncian o “descoñecemento” da Xunta sobre o sector naval de Ferrol, tras a xuntanza que mantiveron co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.