A ONU ve espazo legal para abrir causas contra o franquismo, como defendía Baltasar Garzón. O relator de Nacións Unidas, Pablo de Greiff, critica que España non resarcira aínda as vítimas da guerra civil e da ditadura.
Fálase
Este venres comezou en Compostela o festival cultural WOS INC, que se celebrará até o domingo en distintos espazos da cidade, cunha escollida oferta musical (Red Fang, A Place to Bury Strangers, White Hills, Unicornibot, Sonic Jesus...), performances, coloquios, proxeccións audiovisuais e monólogos.
O Ministerio de Facenda e a Comisión Europea danlle vía libre ao rescate de nove autoestradas quebradas, cunha débeda que rolda os 4.000 millóns de euros, e situadas en Madrid e no Levante.
A plataforma SOS Xardíns Mondariz Balneario convoca unha serie de actividades, este sábado, co obxectivo de concienciar a veciñanza sobre a importancia de protexer este espazo, ameazado pola súa recualificación para usos residenciais
Vigo acolleu unha nova concentración para esixir o indulto para os sindicalistas Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, condenados pola súa participación nun piquete.
O Sergas defende sen achegar informes técnicos a súa decisión de suprimir o laboratorio central do proxecto do novo hospital de Vigo e ubicalo no Meixoeiro. O BNG cre que se abre a porta á privatización e o PSOE denuncia represalias contra os médicos críticos
Os comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol denuncian o “descoñecemento” da Xunta sobre o sector naval de Ferrol, tras a xuntanza que mantiveron co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
A Coruña, única cidade galega que incumpre o obxectivo de déficit. En total son 25 os concellos galegos que deberán presentar un plan de axuste económico-financeiro, entre eles Arteixo, Dodro, Padrón, Pontedeume, As Pontes, Lalín, Vilanova ou Barreiros.
A plataforma Galiza con Catalunya apoiou a manifestación da Diada cun acto celebrado na praza da Quintana de Compostela, reivindicando "a democracia e o dereito a decidir".
As portadas dos xornais impresos deste venres destacan o éxito da manifestación celebrada onte en Barcelona e interprétano como un apoio á celebración da consulta: "V maiúscula" (La Vanguardia), "Forza de vontade" (El Periódico), "Votaremos" (Ara), "O independentismo toma a rúa: señor Mas, póñanos as urnas" (El Mundo), "Mas aprópiase da Diada para forzar a súa consulta ilegal" (ABC), "O soberanismo cumpre o seu obxectivo na rúa para prolongar o desafío" (El País).