A plataforma Galiza con Catalunya apoiou a manifestación da Diada cun acto celebrado na praza da Quintana de Compostela, reivindicando "a democracia e o dereito a decidir".

A plataforma Galiza con Catalunya apoiou a manifestación da Diada cun acto celebrado na praza da Quintana de Compostela, reivindicando "a democracia e o dereito a decidir".
As portadas dos xornais impresos deste venres destacan o éxito da manifestación celebrada onte en Barcelona e interprétano como un apoio á celebración da consulta: "V maiúscula" (La Vanguardia), "Forza de vontade" (El Periódico), "Votaremos" (Ara), "O independentismo toma a rúa: señor Mas, póñanos as urnas" (El Mundo), "Mas aprópiase da Diada para forzar a súa consulta ilegal" (ABC), "O soberanismo cumpre o seu obxectivo na rúa para prolongar o desafío" (El País).
O xefe de gabinete de Rajoy, Jorge Moragas, presionou por SMS a ex parella do fillo de Jordi Pujol para que denunciase os manexos de diñeiro opaco da familia, informa El Diario.
O PP exclúe a reforma electoral da rolda de contactos dos partidos sobre "rexeneración democrática", segundo avanza El País. Cando menos polo momento os conservadores non renuncian a aprobar en solitario a ilegalización dos gobernos locais de coalición.
#Diada2014 TV3 ofrece ao vivo a mobilización convocada pola Assemblea Nacional Catalana a prol do dereito de autodeterminación. Pódese seguir nesta ligazón
#Diada2014 Miles de cataláns enchen xa as rúas de Barcelona a unha hora de que comece a manifestación a prol da consulta do 9-N.
Rajoy defende a solidariedade en España porque "un catalán pode vivir co corazón dun andaluz ou un galego grazas á solidariedade dun madrileño". O presidente do Goberno defende a unidade do Estado destacando o bo facer do sistema de transplantes.
#Diada2014 Unha marcha ultradereitista fracasa en Barcelona ante a contramanifestación de 200 antifascistas. Tan só 40 persoas secundaron a concentración de Alianza Nacional.
A Marea de Vigo preséntase hoxe á cidadanía na praza do Pobo Galego a partir das 20 horas nun acto aberto no que tamén se lerá o manifesto fundacional.
#Diada2014 O BNG participa na ofrenda a Rafael Casanova xunto a ERC