#Diada2014 O BNG participa na ofrenda a Rafael Casanova xunto a ERC
Fálase
Un mail falso insta as persoas voluntarias a non acudir á manifestación da Diada Nacional de Catalunya. O texto, con erros en catalán, foi atribuído á Assemblea Nacional Catalana e apelaba a motivos de seguridade. Recólleo El Diario
A Audiencia da Coruña ratifica a condena á antiga Novagalicia Banco a devolverlle 549.000 euros a un preferentista. A condena, que xa fora ditaminada por un xulgado coruñés en maio, fora recorrida polo banco e é a de maior importe de todo o Estado nun caso de preferentes.
Íñigo Sáenz de Ugarte e Belén Carreño analizan a nova Comisión Europea, na que priman os partidarios das políticas da austeridade. El Diario debulla tamén a perda de peso do Estado Español no Executivo da UE.
Negreira ratifica o nomeamento dunha imputada na Pokémon como xefa de persoal do Concello da Coruña. Consolídaa así no consistorio como funcionaria un día antes de que o Congreso mude a lei. Cóntao Faro de Vigo.
Rouban probas do caso do Códice Calixtino nos xulgados de Santiago, segundo conta La Voz
O conselleiro de Educación evita as protestas non acudindo a ningún centro escolar no primeiro día do curso. Cóntao El País
O BNG denuncia que a policía identificou seis militantes na Vuelta por lucir bandeiras galegas ao paso do pelotón. O Bloque culpa o delegado do Goberno, Samuel Juárez, da "persecución".
O Concello de Teo persóase na causa xudicial contra o ex alcalde, Armando Blanco (PP) por presunta prevaricación administrativa na prórroga do contrato coa empresa Aquagest, que xa investigan a Fiscalía e o xulgado.
Arias Cañete, novo comisario europeo de Enerxía e Clima. Juncker adxudica ao ex ministro a importante carteira para o vindeiro executivo comunitario.