Negreira ratifica o nomeamento dunha imputada na Pokémon como xefa de persoal do Concello da Coruña. Consolídaa así no consistorio como funcionaria un día antes de que o Congreso mude a lei. Cóntao Faro de Vigo.
Fálase
Rouban probas do caso do Códice Calixtino nos xulgados de Santiago, segundo conta La Voz
O conselleiro de Educación evita as protestas non acudindo a ningún centro escolar no primeiro día do curso. Cóntao El País
O BNG denuncia que a policía identificou seis militantes na Vuelta por lucir bandeiras galegas ao paso do pelotón. O Bloque culpa o delegado do Goberno, Samuel Juárez, da "persecución".
O Concello de Teo persóase na causa xudicial contra o ex alcalde, Armando Blanco (PP) por presunta prevaricación administrativa na prórroga do contrato coa empresa Aquagest, que xa investigan a Fiscalía e o xulgado.
Arias Cañete, novo comisario europeo de Enerxía e Clima. Juncker adxudica ao ex ministro a importante carteira para o vindeiro executivo comunitario.
O Parlamento debate arestora unha iniciativa do BNG para condenar a actuación de Israel en Palestina e esixir a fin das violacións dos dereitos humanos do pobo palestino, que aínda se recupera da última invasión.
Galicia, segunda comunidade onde máis cae a produción industrial, ao ter unha das taxas anuais máis negativas (do -7,7%), segundo os datos do INE.
O V da Diada bate récords históricos ao superar o medio millón de persoas e manter un elevado ritmo de inscricións durante os últimos días.
Morre Emilio Botín, presidente do Banco Santander, segundo lle vén de comunicar o banco á CNMV