O conselleiro de Educación evita as protestas non acudindo a ningún centro escolar no primeiro día do curso. Cóntao El País
Fálase
O BNG denuncia que a policía identificou seis militantes na Vuelta por lucir bandeiras galegas ao paso do pelotón. O Bloque culpa o delegado do Goberno, Samuel Juárez, da "persecución".
O Concello de Teo persóase na causa xudicial contra o ex alcalde, Armando Blanco (PP) por presunta prevaricación administrativa na prórroga do contrato coa empresa Aquagest, que xa investigan a Fiscalía e o xulgado.
Arias Cañete, novo comisario europeo de Enerxía e Clima. Juncker adxudica ao ex ministro a importante carteira para o vindeiro executivo comunitario.
O Parlamento debate arestora unha iniciativa do BNG para condenar a actuación de Israel en Palestina e esixir a fin das violacións dos dereitos humanos do pobo palestino, que aínda se recupera da última invasión.
Galicia, segunda comunidade onde máis cae a produción industrial, ao ter unha das taxas anuais máis negativas (do -7,7%), segundo os datos do INE.
O V da Diada bate récords históricos ao superar o medio millón de persoas e manter un elevado ritmo de inscricións durante os últimos días.
Morre Emilio Botín, presidente do Banco Santander, segundo lle vén de comunicar o banco á CNMV
O Goberno español deportará unha persoa a Nixeria aínda que alí se están a rexistrar casos de ébola. O servizo europeo de fronteiras suspendeu o seus voos con ese país. Cóntao El Diario
Sete mil persoas suman en Galicia un patrimonio de máis de 30.000 millóns, segundo un informe da Axencia Tributaria que recolle Faro de Vigo