O xefe de gabinete de Rajoy, Jorge Moragas, presionou por SMS a ex parella do fillo de Jordi Pujol para que denunciase os manexos de diñeiro opaco da familia, informa El Diario.
Fálase
O PP exclúe a reforma electoral da rolda de contactos dos partidos sobre "rexeneración democrática", segundo avanza El País. Cando menos polo momento os conservadores non renuncian a aprobar en solitario a ilegalización dos gobernos locais de coalición.
#Diada2014 TV3 ofrece ao vivo a mobilización convocada pola Assemblea Nacional Catalana a prol do dereito de autodeterminación. Pódese seguir nesta ligazón
#Diada2014 Miles de cataláns enchen xa as rúas de Barcelona a unha hora de que comece a manifestación a prol da consulta do 9-N.
Rajoy defende a solidariedade en España porque "un catalán pode vivir co corazón dun andaluz ou un galego grazas á solidariedade dun madrileño". O presidente do Goberno defende a unidade do Estado destacando o bo facer do sistema de transplantes.
#Diada2014 Unha marcha ultradereitista fracasa en Barcelona ante a contramanifestación de 200 antifascistas. Tan só 40 persoas secundaron a concentración de Alianza Nacional.
A Marea de Vigo preséntase hoxe á cidadanía na praza do Pobo Galego a partir das 20 horas nun acto aberto no que tamén se lerá o manifesto fundacional.
#Diada2014 O BNG participa na ofrenda a Rafael Casanova xunto a ERC
Un mail falso insta as persoas voluntarias a non acudir á manifestación da Diada Nacional de Catalunya. O texto, con erros en catalán, foi atribuído á Assemblea Nacional Catalana e apelaba a motivos de seguridade. Recólleo El Diario
A Audiencia da Coruña ratifica a condena á antiga Novagalicia Banco a devolverlle 549.000 euros a un preferentista. A condena, que xa fora ditaminada por un xulgado coruñés en maio, fora recorrida polo banco e é a de maior importe de todo o Estado nun caso de preferentes.