"O Delegado do Goberno non é un exemplo no cumprimento da legalidade". Dereitos Civís responde as declaracións realizadas por Samuel Juárez, que sinala en La Voz de Galicia que "O BNG exerceu a violencia contra a policía na visita de Merkel". A entidade denuncia a través dun comunicado que Juárez "parece botar de menos unha violencia real que xustifique a reacción policial" e lembra a negativa de moitos axentes aportar as súas identificacións obrigatorias ou o falseamento de informes.
