Vén de comezar na Coruña o acto de presentación dos Principios Básicos das Mareas en Común
Fálase
Nun acto político en Ourense Núñez Feijoo afirma que "a política non é un tuit" e pídelles aos integrantes do PPdeG que non intenten "ser máis guais" que outras forzas políticas. "Eu non nacín nas redes sociais" pois "nos Peares non había cobertura", dixo.
Xaquín Fernández Leiceaga presentou este sábado a súa candidatura ás primarias que o PSdeG celebrará o vindeiro 28 de maio para escoller o seu aspirante á Presidencia da Xunta. Leiceaga busca ser "o candidato de todos" e co obxectivo de "unir o partido"
Compromiso por Galicia inicia hoxe o proceso de primarias abertas para escoller o seu candidato/a á Presidencia da Xunta e os cabezas de lista provinciais. O proceso completarase o 29 de maio
Pedro Sánchez pídelles aos baróns do seu partido "unidade e confianza" en torno á súa persoa de cara ás eleccións do 26 de xuño. O debate sobre o posto que debe ocupar Madina na lista de Madrid centra parte do Comité Federal do PSOE
Fine Gael e Fianna Fáil, os dous grandes partidos tradicionais irlandeses, acadan un acordo que evitará a repetición de eleccións. Enda Kenny (Fine Gael), primeiro ministro dende 2011, mantén o poder. Nos comicios de febreiro as dúas forzas sumaron un 49,8% dos votos, o seu peor resultado histórico.
A coordinadora de En Marea convoca unha asemblea xeral o 15 de maio para lanzar o proxecto para as eleccións xerais e autonómicas, buscando que a candidatura "bote a andar dende a participación directa e cidadá dende abaixo".
Amoeiro homenaxeou este venres a Castor Sánchez Martínez, alcalde da localidade en 1936 asasinado polo franquismo un mes despois da sublevación militar.
O Parlamento europeo aproba unha proposta que pide dereitos laborais (baixas, cotizacións, vacacións, convenios laborais...) para as empregadas do fogar (o 88% son mulleres), un total de 67 millóns de persoas na UE
Podemos e IU recoñecen que os separan "puntos importantes" pero comprométense a seguir negociando. Pablo Echenique e Adolfo Barrena iniciaron este venres oficialmente as conversas, que esperan concluír a finais da semana que vén.