A xuíza Pilar de Lara sinala que Carlos Negreira "consentiu" os 54 enchufes realizados polo seu tenente de alcalde, Julio Flores, na Coruña. A maxistrada cre que Flores tiña unha "lista para contratar" e que non actuaba de forma "illada", senón con "coñecemento" do alcalde
Fálase
El Diario entrevista Yiannis Burnus, dirixente de Syriza, que denuncia que a UE tenta poñer o Goberno grego á defensiva "para que só poidamos limitar os danos na economía sen a posibilidad de aplicar a nosa propia alternativa"
Israel celebra eleccións este martes, das que sairá un parlamento moi dividido, con grande igualdade ente o actual presidente, o dereitista radical Benjamín Netanyahu, e a opción máis moderada da Unión Sionista liderada polo laborista Yitzhak Herzog, aliado con Tzipi Livni.
O 'número tres' de Rajoy, Carlos Floriano, acude ao comité de campaña do PP galego. Segundo publicou Europa Press este domingo, o obxectivo da visita é "mobilizar" os cargos populares cara ás municipais. A visita a Compostela é o inicio dunha rolda por todo o Estado.
Enrique Dans @edans clausura esta tarde en Lugo o ciclo InnovaTE2 cunha palestra na Deputación sobre alfabetización dixital. Pódese seguir o streaming do evento nesta ligazón
Louzán e o alcalde de Vilagarcía prometen melloras nun aparcadoiro dende o púlpito dunha Igrexa. Recolleuno Faro de Vigo
Fomento anuncia unha quenda de traballo nocturno para "axilizar ao máximo" as obras do treito pendente da terceira rolda da Coruña, inaugurada por Ana Pastor e Feijóo o pasado sábado, antes de que a lei electoral o impida. Segundo o Ministerio, esa quenda de 9 da noite a 8 da mañá funcionará "en días laborables e festivos" ata maio.
1.586 persoas participaron este domingo nas primarias de Ourense en Común para decidir os seus candidatos e candidatas. Co 44% escrutado Miguel Doval e Xosé Mosquera encabezaban as votacións. Máis información, enta mañá en Praza.
O Conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, anuncia un novo decreto en materia educativa para acadar "un equilibrio lingüístico no ensino" e ainala que "temos que deixar de pelexar todo o día polo galego, ou pensar que é dun partido político"
Os alcaldes das cidades galegas aceleran a finalización de obras pendentes, destaca El País Galicia nesta reportaxe, para poder inauguralas antes do 31 de marzo, último día no que é legal facelo antes das eleccións de maio.