As mulleres superan por vez primeira os homes en subdireccións e xefaturas de servizo da administración autonómica, os postos de maior nivel na carreira funcionarial, segundo os últimos datos oficiais recompilados pola Dirección Xeral da Función Pública. Sete de cada dez persoas que prestan servizo na Xunta de Galicia son mulleres.
Fálase
En Marea e Nós-Candidatura Galega celebran este domingo senllos actos de precampaña. A lista apoiada por Podemos, Anova, EU e as mareas municipalistas presenta os seus candidatos e candidatas dende as 11 horas en Compostela. A candidatura impulsada polo BNG organiza ás 12 horas un Encontro Nacional Aberto. Toda a información, ao longo do día en Praza.
As previsións económicas da Autoridade Portuaria da Coruña falan de perdas constantes ata o ano 2019, que só esperan maquillar coa privatización dos terreos do porto interior, pola que obterían 25 millóns de euros. En 2016 a súa débeda ascenderá a 309 millóns de euros. La Opinión pide este domingo nun editorial que a posible venda do espazo dos peiraos se faga "sen especulación" e sen "hipotecar o futuro" da cidade
Catro mil persoas solicitaron xa o seu cambio a Povisa como hospital de referencia, segundo as cifras do propio centro privado, e a pesar dos chamamentos das plataformas en defensa da sanidade pública, que lembras as eivas deste hospital.
O poeta Carlos Oroza morre en Vigo aos 92 anos. Con sete poemarios publicados, libertario e adscrito nos seus inicios ao movemento beat, foi en ocasións definido como "o Allen Ginsberg español"
A enquisa de Sondaxe para La Voz destaca que Ciudadanos sería a segunda forza en intención de voto directa de cara ás eleccións xerais en Galicia. O partido de Albert Rivera obtería o 15,2% dos votos, por detrás do PP (27,3%) e por diante de En Marea (12,1%), PSOE (10,6%) e BNG (3%).
O Dépor levou #onosoderbi, derrotando o Celta por 2 a 0. Lucas Pérez marcou no 22' e, un minuto máis tarde, Lux detívolle a Nolito un penalti. Jonny, en propia porta, marcou o segundo do equipo branquiazul no 90'. Os celestes seguen cuartos na clasificación (21 puntos) e os deportivistas ascenden á oitava posición (18 puntos)
A Garda Civil devolve en quente varias persoas que tentaran cruzar a fronteira en Melilla. Outros seis mozos si conseguiron traspasar o valo e un deles, que caeu, permanece na UCI por un traumatismo craneoencefálico grave
Techo y comida, de Juan Miguel del Castillo, mellor filme do XX Festival de Cine de Ourense
Amador Fernández-Savater reflexiona en eldiario.es sobre Por que o 11-M de 2004 no se converteu noutro 11-S. "A cidadanía tomou as rúas para expresar o seu dó e a súa protesta sen deixar que o medo organizase a acción", destaca.