As previsións económicas da Autoridade Portuaria da Coruña falan de perdas constantes ata o ano 2019, que só esperan maquillar coa privatización dos terreos do porto interior, pola que obterían 25 millóns de euros. En 2016 a súa débeda ascenderá a 309 millóns de euros. La Opinión pide este domingo nun editorial que a posible venda do espazo dos peiraos se faga "sen especulación" e sen "hipotecar o futuro" da cidade
Fálase
Catro mil persoas solicitaron xa o seu cambio a Povisa como hospital de referencia, segundo as cifras do propio centro privado, e a pesar dos chamamentos das plataformas en defensa da sanidade pública, que lembras as eivas deste hospital.
O poeta Carlos Oroza morre en Vigo aos 92 anos. Con sete poemarios publicados, libertario e adscrito nos seus inicios ao movemento beat, foi en ocasións definido como "o Allen Ginsberg español"
A enquisa de Sondaxe para La Voz destaca que Ciudadanos sería a segunda forza en intención de voto directa de cara ás eleccións xerais en Galicia. O partido de Albert Rivera obtería o 15,2% dos votos, por detrás do PP (27,3%) e por diante de En Marea (12,1%), PSOE (10,6%) e BNG (3%).
O Dépor levou #onosoderbi, derrotando o Celta por 2 a 0. Lucas Pérez marcou no 22' e, un minuto máis tarde, Lux detívolle a Nolito un penalti. Jonny, en propia porta, marcou o segundo do equipo branquiazul no 90'. Os celestes seguen cuartos na clasificación (21 puntos) e os deportivistas ascenden á oitava posición (18 puntos)
A Garda Civil devolve en quente varias persoas que tentaran cruzar a fronteira en Melilla. Outros seis mozos si conseguiron traspasar o valo e un deles, que caeu, permanece na UCI por un traumatismo craneoencefálico grave
Techo y comida, de Juan Miguel del Castillo, mellor filme do XX Festival de Cine de Ourense
Amador Fernández-Savater reflexiona en eldiario.es sobre Por que o 11-M de 2004 no se converteu noutro 11-S. "A cidadanía tomou as rúas para expresar o seu dó e a súa protesta sen deixar que o medo organizase a acción", destaca.
Ao longo deste sábado celébrase en Compostela a xornada “A Esquerda Europea: garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”, organizada por AGEe, e que contará con representantes do Sinn Féin irlándés, do Die Linke alemán e expertos e expertas en economía. Toda a información, en Praza.
Arxentina vota este domingo na segunda volta das súas eleccións presidenciais, co neoliberal Macri por diante nas enquisas. O kirchnerista Scioli superouno por tres puntos na primeira volta, pero agora aparece claramente por detrás.