Ao longo deste sábado celébrase en Compostela a xornada “A Esquerda Europea: garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”, organizada por AGEe, e que contará con representantes do Sinn Féin irlándés, do Die Linke alemán e expertos e expertas en economía. Toda a información, en Praza.
Fálase
Arxentina vota este domingo na segunda volta das súas eleccións presidenciais, co neoliberal Macri por diante nas enquisas. O kirchnerista Scioli superouno por tres puntos na primeira volta, pero agora aparece claramente por detrás.
Malí declara o estado de emerxencia durante dez días, tralo atentado que onte causou a morte a 21 persoas nun hotel da capital, Bamako. De igual xeito, Bélxica eleva o nivel de alerta ante a inminencia dun ataque en Bruxelas
O secuestro dun hotel en Mali remata con 18 persoas mortas. Un grupo vinculado a Al Qaeda reivindicou o ataque, no que todos os reféns xa foron liberados, segundo a axencia AFP.
Franco acumulou uns 400 millóns de euros grazas ao seu entramado corrupto. Reportaxe incluída no especial sobre memoria histórica de eldiario.es, publicado co gallo do 40º aniversario da morte do ditador.
A xuíza De Lara cita a Besteiro para declarar o 12 de xaneiro. A maxistrada adiara a declaración o pasado xullo e fixa a nova data para un día antes da constitución do Congreso e mais do Senado. Faino mentres os avogados do secretario xeral do PSdeG tramitan un recurso ao considerar que carece de competencia para instruír este asunto, xa arquivado por outro xulgado.
O PP Europeo proclama que os terroristas de París "votarían alegremente á esquerda". Os conservadores na Eurocámara acusan a "socialistas, liberais, verdes e comunistas" de "convidar" a utilizar os "buracos na seguridade" da UE para "perpetrar" novos ataques. Comunicado íntegro [en inglés], asinado por Monika Hohlmeier, coordinadora do EPP no Comité de Liberdades Civís, Xustiza e Interior na Eurocámara.
Íñigo Sáenz de Ugarte analiza en eldiario.es as críticas de García Albiol (PP) contra o "multiculturalismo": García Albiol, xenófobo, ignorante y peligroso
Eldiario.es analiza as localidades nas que o resultado das xerais acoita cadrar co resultado estatal. En Galicia iso acontece en Arteixo, Cambre e Redondela.
A Xunta duplica a súa oferta de emprego público para o ano electoral. Recólleo Faro de Vigo