A xuíza De Lara cita a Besteiro para declarar o 12 de xaneiro. A maxistrada adiara a declaración o pasado xullo e fixa a nova data para un día antes da constitución do Congreso e mais do Senado. Faino mentres os avogados do secretario xeral do PSdeG tramitan un recurso ao considerar que carece de competencia para instruír este asunto, xa arquivado por outro xulgado.
Fálase
O PP Europeo proclama que os terroristas de París "votarían alegremente á esquerda". Os conservadores na Eurocámara acusan a "socialistas, liberais, verdes e comunistas" de "convidar" a utilizar os "buracos na seguridade" da UE para "perpetrar" novos ataques. Comunicado íntegro [en inglés], asinado por Monika Hohlmeier, coordinadora do EPP no Comité de Liberdades Civís, Xustiza e Interior na Eurocámara.
Íñigo Sáenz de Ugarte analiza en eldiario.es as críticas de García Albiol (PP) contra o "multiculturalismo": García Albiol, xenófobo, ignorante y peligroso
Eldiario.es analiza as localidades nas que o resultado das xerais acoita cadrar co resultado estatal. En Galicia iso acontece en Arteixo, Cambre e Redondela.
A Xunta duplica a súa oferta de emprego público para o ano electoral. Recólleo Faro de Vigo
Cavaco convoca as eleccións presidenciais portuguesas para o 24 de xaneiro mentres continúa a rolda de contactos con diversas entidades do país e segue sen aclarar se encargará a formación de Goberno ao socialista António Costa, que ten o apoio da maioría do Parlamento.
A militancia da CUP decidirá se a formación inviste a Artur Mas como presidente. O 29 de novembro as distintas organizacións que compoñen a CUP celebrarán unha asemblea xeral que podería levar a unha Asemblea Nacional, con toda a militancia, o 5 de decembro.
#onosoderbi Antiviolencia declara de alto risco o partido entre o Deportivo e o Celta, que se xoga o vindeiro sábado en Riazor. Ambos clubes promoven unha campaña conxunta pola concordia no derbi.
A Fundación Francisco Franco monta un banquete nun hotel de catro estrelas para conmemorar os 40 anos do falecemento do ditador. Celebrarán o evento baixo o lema Franco vive
O cerebro dos atentados de París é un dos falecidos en Saint-Denis. A Fiscalía parisina acábao de confirmar.