Comeza a votación en Cataluña. Os colexios electorais abriron ás nove e milleiros de persoas votaron xa por todo o país. O primeiro catalán en votar fíxoo en Australia.
Fálase
BNG e Anova participan como observadores internacionais na consulta catalá deste domingo e dentro da Comisión Internacional de Cidadáns Europeos (ICEC). En rolda de prensa, destacaron a importancia de estar presentes para evitar "un illamento internacional".
A Generalitat e varias entidades soberanistas sofren ataques informáticos na previa do 9-N. Tamén houbo ataques telefónicas a Assemblea Nacional Catalana.
A Fiscalía abre dilixencias pola cesión de locais públicos para o 9-N, segundo adianta Europa Press.
Francisco Vázquez propón "sacar os tanques" emulando a Kennedy para evitar a consulta en Cataluña. Tan só un cento de persoas acompañaron o ex alcalde da Coruña na lectura dun manifesto contra o 9-N.
El Periódico desvela negociacións secretas entre PP, PSOE e CiU polo proceso soberanista desde hai máis dun ano.
Santiago Villanueva será o novo delegado do Goberno en Galicia. O actual director de Emerxencias e Interior, ligado a Alfonso Rueda, substituirá a Samuel Juárez.
Detidas 612 persoas nun novo caso de fraude masiva á Seguridade Social. A policía investiga 95 empresas sen actividade real que poderían ter defraudado máis de 10 millóns de euros.
O Deportivo empata en Córdoba (0-0) tras xogar máis de 60 minutos con dez pola polémica expulsión de Postiga. O equipo galego mantense fóra dos postos de descenso á espera do resto da xornada.
O xuíz atopa supostas facturas falsas da construción do novo Pasarón. A empresa que construíu o estadio irá a xuízo mentres a fiscalía investiga o sobrecusto do proxecto.