Francisco Vázquez propón "sacar os tanques" emulando a Kennedy para evitar a consulta en Cataluña. Tan só un cento de persoas acompañaron o ex alcalde da Coruña na lectura dun manifesto contra o 9-N.
Fálase
El Periódico desvela negociacións secretas entre PP, PSOE e CiU polo proceso soberanista desde hai máis dun ano.
Santiago Villanueva será o novo delegado do Goberno en Galicia. O actual director de Emerxencias e Interior, ligado a Alfonso Rueda, substituirá a Samuel Juárez.
Detidas 612 persoas nun novo caso de fraude masiva á Seguridade Social. A policía investiga 95 empresas sen actividade real que poderían ter defraudado máis de 10 millóns de euros.
O Deportivo empata en Córdoba (0-0) tras xogar máis de 60 minutos con dez pola polémica expulsión de Postiga. O equipo galego mantense fóra dos postos de descenso á espera do resto da xornada.
O xuíz atopa supostas facturas falsas da construción do novo Pasarón. A empresa que construíu o estadio irá a xuízo mentres a fiscalía investiga o sobrecusto do proxecto.
A frota vasca cede ao cerco galego 300 toneladas de xurel en augas do Cantábrico. Uns 140 buques beneficiaranse deste acordo.
A policía conclúe que Crespo utilizaba alumnos pantasma e falsificaba as súas sinaturas. A formación ou inserción laboral era o que menos importaba ás empresas da trama corrupta.
Dimite un deputado do PP que viaxaba a visitar a amiga de Monago a Canarias a costa do Congreso. Carlos Muñoz era secretario xeral dos populares en Teruel.
30 locais do casco vello de Vigo acollen entre este venres e o domingo o Festival Nun Local, cunha chea de propostas musicais, de danza, teatro, cine, exposicións e de humor.