A frota vasca cede ao cerco galego 300 toneladas de xurel en augas do Cantábrico. Uns 140 buques beneficiaranse deste acordo.
Fálase
A policía conclúe que Crespo utilizaba alumnos pantasma e falsificaba as súas sinaturas. A formación ou inserción laboral era o que menos importaba ás empresas da trama corrupta.
Dimite un deputado do PP que viaxaba a visitar a amiga de Monago a Canarias a costa do Congreso. Carlos Muñoz era secretario xeral dos populares en Teruel.
30 locais do casco vello de Vigo acollen entre este venres e o domingo o Festival Nun Local, cunha chea de propostas musicais, de danza, teatro, cine, exposicións e de humor.
A patronal de las grandes eléctricas presenta un informe sobre a dimensión do mercado eléctrico e o gasto que realizan os cidadáns. Sinalan que un fogar medio paga xa máis de 600 euros ao ano pola luz e recoñecen que "son moitos cartos", pero defenden que representa tan só o 2,18% dos ingresos dunha familia e que non é a partida principal de gasto
Os voluntarios tomarán o mando da consulta do 9-N, segundo o Pacte Nacional pel Dret a Decidir. A Generalitat asumirá a responsabilidade, pero será a sociedade civil quen execute o final do proceso.
Monago afirma sen dar probas que as máis de 30 viaxes a Canarias foron encargo do PP. Asegura que as súas visitas non foron privadas pero non achega documentación ningunha.
A Audiencia confirma a imputación da infanta Cristina por delito fiscal. Será unha das acusadas no caso Nóos.
Teo acolle, dende hoxe ata o domingo o congreso Ruptura democrática, procesos constituíntes. Patriarcado, organizado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea co apoio de AGEe. O encontro contará coa participación da socióloga ecuatoriana Irene León e da deputada boliviana Marianela Paco Durán, ademais da eurodeputada Lidia Senra.
Fenosa exporalles o vindeiro martes a afectados e Concello as súas alternativas para proxecto de construción dunha liña de alta tensión que podería obrigar a cortar dúas mil árbores nas fragas de Catasós. Na xuntanza debería pecharse a solución definitiva.