A Audiencia confirma a imputación da infanta Cristina por delito fiscal. Será unha das acusadas no caso Nóos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/545c9e8252258-audiencia-palma-noviembre-resolver-noos_ediima20141103_0491_13.jpg)
A Audiencia confirma a imputación da infanta Cristina por delito fiscal. Será unha das acusadas no caso Nóos.
Teo acolle, dende hoxe ata o domingo o congreso Ruptura democrática, procesos constituíntes. Patriarcado, organizado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea co apoio de AGEe. O encontro contará coa participación da socióloga ecuatoriana Irene León e da deputada boliviana Marianela Paco Durán, ademais da eurodeputada Lidia Senra.
Fenosa exporalles o vindeiro martes a afectados e Concello as súas alternativas para proxecto de construción dunha liña de alta tensión que podería obrigar a cortar dúas mil árbores nas fragas de Catasós. Na xuntanza debería pecharse a solución definitiva.
Os profesores de ESO terán que impartir materias distintas ás súas. O Goberno ultima un decreto que asigna os docentes máis materias diferentes ás da súa especialidade.
Un concelleiro do PP desexa que lle "dean un tiro na caluga" a Pablo Iglesias. O voceiro popular nunha vila de Palencia insulta o líder de Podemos nunha rede social.
A xustiza acepta desaloxar varios veciños para construír unha grande urbanización na Coruña. O goberno local rebibe autorización para botalos das súas casas logo de ser desaloxados forzosamente.
O presidente de Estremadura usaba as viaxes pagadas polo Senado para visitar unha amiga en Tenerife. Así o asegura a interesada, malia que o PP e o grupo popular no Senado tratan de agochar a polémica.
Luxemburgo converteuse en refuxio fiscal para grandes fortunas españolas e empresas do Ibex, que en 2012 tiñan 37 filiais alí.
O Goberno dá luz verde ao indulto ás galegas Ana e Tamara, condenadas a tres anos de cadea por participar nun piquete durante unha folga. O ministro de Xustiza tería anunciado a boa nova tras reunirse co conselleiro Alfonso Rueda.
As Marchas da Dignidade percorreron as rúas das cidades galegas na chuviosa tarde de onte. As protestas animaron a participar na manifestación nacional do vindeiro 29 de novembro no Obradoiro e berraron "contra a corrupción e o pago da débeda e polo emprego digno, os dereitos sociais, as liberdades democráticas, contra os recortes e a represión, pola renda básica, por unha sociedade de mulleres e homes libres e contra un réxime que nos agride e non nos representa"