Un concelleiro do PP desexa que lle "dean un tiro na caluga" a Pablo Iglesias. O voceiro popular nunha vila de Palencia insulta o líder de Podemos nunha rede social.
Fálase
A xustiza acepta desaloxar varios veciños para construír unha grande urbanización na Coruña. O goberno local rebibe autorización para botalos das súas casas logo de ser desaloxados forzosamente.
O presidente de Estremadura usaba as viaxes pagadas polo Senado para visitar unha amiga en Tenerife. Así o asegura a interesada, malia que o PP e o grupo popular no Senado tratan de agochar a polémica.
Luxemburgo converteuse en refuxio fiscal para grandes fortunas españolas e empresas do Ibex, que en 2012 tiñan 37 filiais alí.
O Goberno dá luz verde ao indulto ás galegas Ana e Tamara, condenadas a tres anos de cadea por participar nun piquete durante unha folga. O ministro de Xustiza tería anunciado a boa nova tras reunirse co conselleiro Alfonso Rueda.
As Marchas da Dignidade percorreron as rúas das cidades galegas na chuviosa tarde de onte. As protestas animaron a participar na manifestación nacional do vindeiro 29 de novembro no Obradoiro e berraron "contra a corrupción e o pago da débeda e polo emprego digno, os dereitos sociais, as liberdades democráticas, contra os recortes e a represión, pola renda básica, por unha sociedade de mulleres e homes libres e contra un réxime que nos agride e non nos representa"
A editorial Hugin e Munin fai público un documento, entregado a Valedor do Pobo, Secretario Xeral de Cultura, o Conselleiro de Cultura e ao Presidente da Xunta, no que expresa o seu malestar co actual sistema de adxuducación de axudas á tradución e fai unha "proposta para un cambio efectivo de modelo"
Xurxo Souto, premio Ondas pola mellor cobertura informativa polo programa Ponte nas ondas, que reivindica o patrimonio común galego-portugués.
Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, acurralado polos acordos secretos entre Luxemburgo e grandes empresas para non pagar impostos. Cando Juncker presidía o Ducado, 340 multinacionais pactaron pagar tipos fiscais inferiores ao 1% para reducir o que aboaban noutros países da UE.
Feijóo asegura ser "máis de Podemos que os de Podemos". Preguntado polas boas expectativas electorais do partido que lidera Pablo Iglesias, o presidente da Xunta reivindica que "nin os meus pais nin os meus tíos eran profesores universitarios" nin "persoas de clase media ou burguesa", polo que, "se alguén quere plantexa a orixe social", el non pertence "entre aspas", á "casta".