Feijóo asegura ser "máis de Podemos que os de Podemos". Preguntado polas boas expectativas electorais do partido que lidera Pablo Iglesias, o presidente da Xunta reivindica que "nin os meus pais nin os meus tíos eran profesores universitarios" nin "persoas de clase media ou burguesa", polo que, "se alguén quere plantexa a orixe social", el non pertence "entre aspas", á "casta".
Fálase
O Supremo rexeita suspender o recurso do Goberno central contra o 9-N. O tribunal non anula a decisión do Executivo de Rajoy de recorrer a consulta ante o Constitucional.
A Consellería de Traballo esíxelle á desaparecida Fundación Preescolar na Casa a devolución dunha subvención de 422 euros concedida en 2010. A Fundación tivo que pechar en 2012 pola retirada repetina da axuda do Goberno galego. Tras acusar o bipartito de "afogar" o proxecto, o PP defendeu o seu peche porque "xa non funcionaba".
Os Orzamentos do Estado superan o trámite da comisión sen que o PP acepte ningunha das 4.000 emendas da oposición.
A Garda Civil lanza unha operación contra a "apoloxía do terrorismo" nas redes sociais. Agárdanse vinte arrestados e as primeiras detencións leváronse a cabo en Bizkaia, Araba e Barcelona.
O presidente de Estremadura cargou ao Senado 32 viaxes privados en business a Canarias. Monago converteuse nun das voces máis críticas contra a corrupción no seu partido.
Desconvocada a folga no Diario de Pontevedra tras retirarse o ERTE e adiantarse a fin da conxelación salarial. Os traballadores despedidos optaron por negociar a súa situación á marxe do comité de empresa
PSA Citroën Vigo aposta por Marrocos para innovar e subcontrata parte da súa actividade de I+D a un centro de enxeñería francesa en Casabranca.
A Consellería de Traballo destitúe dous novos altos cargos "por motivos estritamente laborais" e son xa cinco os despedidos desde que se investiga a operación Zeta.
Escotet sacará Abanca a Bolsa pero quedará co 80% do capital. A entidade logra 342 millóns de beneficios ata setembro.