PSA Citroën Vigo aposta por Marrocos para innovar e subcontrata parte da súa actividade de I+D a un centro de enxeñería francesa en Casabranca.
Fálase
A Consellería de Traballo destitúe dous novos altos cargos "por motivos estritamente laborais" e son xa cinco os despedidos desde que se investiga a operación Zeta.
Escotet sacará Abanca a Bolsa pero quedará co 80% do capital. A entidade logra 342 millóns de beneficios ata setembro.
Ser e voltar, de Xacio Baño, e Sangre de unicornio, de Alberto Vázquez, preseleccionados para os Goya nas categorías de documental e animación, respectivamente.
Finaliza, tras tres horas e media, a xuntanza entre Feijóo e Besteiro. A información, esta tarde en Praza.
Ourense en Común acada as 1.500 sinaturas e segue adiante cara á presentación dunha candidatura de confluencia cidadá.
O ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, e a presidenta da asociación Galicia Bilingüe lerán o vindeiro domingo un manifesto na Coruña e Vigo contra a "agresión á democracia" que, din, supón a consulta catalá. Segundo recolle Europa Press, o acto está promovido por un grupo alcumado Libres e iguales, que vén de publicar un mapa coas persoas que participan nos seus actos.
O CIS sitúa Podemos como a primeira forza en intención directa de voto. O PP seguiría sendo a primeira en estimación de voto, co 27,5%, por diante do PSOE (23,9%) e da formación que lidera Pablo Iglesias (22,5%). O BNG acadaría un 0,4% dos sufraxios, dúas décimas máis que na anterior enquisa de xullo.
Eduard Velasco obtén a XXVII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. O autor catalán, que recentemente obtivo o premio de poesía Leiras Pulpeiro convocado polo Concello de Mondoñedo, presentou unha obra titulada Ruído de trens
Meteogalicia rexistrou este martes 3.360 lóstregos en todo o país