Meteogalicia rexistrou este martes 3.360 lóstregos en todo o país
Fálase
A traballadora galega que estivo enferma de ébola, Teresa Romero, recibe a alta hospitalaria en Madrid ao estar curada e non supoñer xa "ningún risco" de contaxio.
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo esixe a paralización do desdobramento do corredor comarcal, aprobada no Parlamento. A entidade denuncia que o proxecto carece de orzamento e non conta coa súa correspondente avaliación de impacto ambiental
El Diario entrevista Juan López de Uralde e Rosa Martínez, coportavoces de Equo, que a pasada fin de semana celebrou a súa segunda Asemblea Federal. Afirman que "esquecer a crise medioambiental como fan algúns partidos é irresponsable e oportunista"
A Policía Militar adestra soldados para actuar como antidisturbios ante poboación civil, segundo conta Público. Nos exercicios, realizados en Valencia, participaron 200 militares
O fiscal solicita 24 anos de cadea para Jorge Dorribo, líder da trama de corrupción que investiga a operación Campeón. Solicita nove anos para o ex deputado do PP Pablo Cobián e dous para o ex director xeral do Igape.
Unha gran cazolada reclama en Cataluña poder votar o 9-N. O acto de protesta, convocado a través das redes sociais tras a suspensión da consulta por parte do Constitucional, deixouse sentir con forza en varias localidades como Barcelona.
A tradución ao galego do Ulises, Premio Nacional á Mellor Tradución “por ter resolto brillantemente o desafío e complexidade" da obra.
A policía conclúe que a Xunta deu 1,5 millóns a un ente de Crespo con oito socios. O "único obxectivo" dos sospeitosos era "enriquecerse" coas subvencións.
Pórtico anuncia a súa liquidación e deixa sen emprego 200 obreiros. A empresa desaparece logo de medio siglo de vida.