A tradución ao galego do Ulises, Premio Nacional á Mellor Tradución “por ter resolto brillantemente o desafío e complexidade" da obra.
Fálase
A policía conclúe que a Xunta deu 1,5 millóns a un ente de Crespo con oito socios. O "único obxectivo" dos sospeitosos era "enriquecerse" coas subvencións.
Pórtico anuncia a súa liquidación e deixa sen emprego 200 obreiros. A empresa desaparece logo de medio siglo de vida.
Os republicanos logran no Senado dos EUA a maior vitoria da era Obama. A vitoria culmina seis anos de ocupación de novo poder por parte dos máis conservadores.
Besteiro reclámalle á Xunta que elabore orzamentos participativos ao xeito da Deputación de Lugo. Fíxoo durante a presentación das contas do ente provincial lucense no Parlamento, onde reivindicou que a "alternativa política progresista" é "solvente e viable" dende o punto de vista económico.
O PP recomenda darlle a Juan Carlos de Borbón "unha xubilacion de ouro" e rexeita no Congreso recortar o orzamento da Casa Real. Recólleo Europa Press
O portal Internet Archive recupera de balde 900 videoxogos clásicos, aos que agora se pode xogar a través do propio navegador. Están todos dispoñibles nesta ligazón.
A web Alt1040 elabora unha lista de medios "alternativos" aos que apoian a nova Lei de Propiedade Intelectual e o novo canon AEDE. Entre eles figuran os galegos Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Diario Liberdade e Praza Pública
Saen á venda os abonos para o festival Cineuropa. En Praza poderedes seguir o máis destacado do certame compostelán co crítico de cinema Gonzalo Ballesteros.
Máis de 4.200 alumnos e alumnas de 75 centros escolares achegaranse este mércores en galego á programación de ordenadores a través dunha videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con motivo do V Día da Ciencia en Galego