A web Alt1040 elabora unha lista de medios "alternativos" aos que apoian a nova Lei de Propiedade Intelectual e o novo canon AEDE. Entre eles figuran os galegos Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Diario Liberdade e Praza Pública
Fálase
Saen á venda os abonos para o festival Cineuropa. En Praza poderedes seguir o máis destacado do certame compostelán co crítico de cinema Gonzalo Ballesteros.
Máis de 4.200 alumnos e alumnas de 75 centros escolares achegaranse este mércores en galego á programación de ordenadores a través dunha videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con motivo do V Día da Ciencia en Galego
A Generalitat mantén o 9-N e denuncia o Estado. O Govern convoca as entidades sociais do Pacte Nacional pel Dret a Decidir para "defender a liberdade de expresión". O Executivo central responde dicindo que non haberá consulta.
O Constitucional suspende tamén a consulta alternativa do 9-N e prohíbe todos os actos vinculados ao proceso consultivo do vindeiro domingo.
A deputada Consuelo Martínez abandona AGE e solicita integrarse no Grupo Mixto. Martínez, que ofrece a esta hora unha rolda de prensa en Compostela, toma esta decisión tras a decisión de Cerna de abandonar Anova. Máis información, hoxe en Praza.
A Asociación de Sen Papeis de Madrid lanza unha campaña para que a Fiscalíe impute a El Faro de Melilla por "incitación ao odio", tras a portada do xornal na que se dicía que as persoas que tentaban superar a valla lanzaban "escupitajos con ébola"
Tres galerías galegas participarán en ARCO 2014, que comezará o 25 de febreiro. Estarán as viguesas Ad Hoc, Bacelos e PM8. A compostelá Trinta, que si acudiu o pasado ano, non o fará na presente edición.
Membros de AGE dan por feito que Chelo Martínez abandonará o grupo parlamentario logo da escisión de Cerna de Anova.
O paro aumentou en 5.841 persoas en Galicia no mes de outubro e subiu tamén en 79.154 persoas no conxunto do Estado. O desemprego sobe en todas as autonomías agás nas Canarias e na Comunitat Valenciana. Máis información, esta mañá en Praza.