O Constitucional suspende tamén a consulta alternativa do 9-N e prohíbe todos os actos vinculados ao proceso consultivo do vindeiro domingo.
Fálase
A deputada Consuelo Martínez abandona AGE e solicita integrarse no Grupo Mixto. Martínez, que ofrece a esta hora unha rolda de prensa en Compostela, toma esta decisión tras a decisión de Cerna de abandonar Anova. Máis información, hoxe en Praza.
A Asociación de Sen Papeis de Madrid lanza unha campaña para que a Fiscalíe impute a El Faro de Melilla por "incitación ao odio", tras a portada do xornal na que se dicía que as persoas que tentaban superar a valla lanzaban "escupitajos con ébola"
Tres galerías galegas participarán en ARCO 2014, que comezará o 25 de febreiro. Estarán as viguesas Ad Hoc, Bacelos e PM8. A compostelá Trinta, que si acudiu o pasado ano, non o fará na presente edición.
Membros de AGE dan por feito que Chelo Martínez abandonará o grupo parlamentario logo da escisión de Cerna de Anova.
O paro aumentou en 5.841 persoas en Galicia no mes de outubro e subiu tamén en 79.154 persoas no conxunto do Estado. O desemprego sobe en todas as autonomías agás nas Canarias e na Comunitat Valenciana. Máis información, esta mañá en Praza.
Fascistas boicotean un acto sobre o 9-N en Madrid e preguntan aos convidados se "queren unha nova guerra civil".
Imputados catorce mariñeiros do cerco polas manifestacións de marzo. Están acusados de desorde pública por participar nunha protesta en Vigo.
Eliseo Calviño, imputado na operación Zeta, di que a Xunta lle recomendou contratar a Crespo, líder da trama corrupta de cursos falsos.
Feijóo retruca ás boas expectativas electorais de Podemos proclamando que "o peor que pode acontecer" é que "un país que aínda non saíu da crise" quede nas "mans de persoas que non coñecemos e de ideoloxías que non se concretan". Recólleo Europa Press.