O paro aumentou en 5.841 persoas en Galicia no mes de outubro e subiu tamén en 79.154 persoas no conxunto do Estado. O desemprego sobe en todas as autonomías agás nas Canarias e na Comunitat Valenciana. Máis información, esta mañá en Praza.
Fálase
Fascistas boicotean un acto sobre o 9-N en Madrid e preguntan aos convidados se "queren unha nova guerra civil".
Imputados catorce mariñeiros do cerco polas manifestacións de marzo. Están acusados de desorde pública por participar nunha protesta en Vigo.
Eliseo Calviño, imputado na operación Zeta, di que a Xunta lle recomendou contratar a Crespo, líder da trama corrupta de cursos falsos.
Feijóo retruca ás boas expectativas electorais de Podemos proclamando que "o peor que pode acontecer" é que "un país que aínda non saíu da crise" quede nas "mans de persoas que non coñecemos e de ideoloxías que non se concretan". Recólleo Europa Press.
Facua denuncia que en outubro o prezo da electicidade creceu un 18,3% con respecto a xaneiro, unha media de 12 euros mensuais. A entidade pídelle ao Goberno que anule o novo sistema tarifario e acate a sentenza do TJUE que advirte de que os usuarios e usuarias deben ser informadas das subas antes da súa entrada en vigor
Citroën retira da súa proposta salarial para a planta de Vigo a baixada do 5% e o recorte nas pagas extra. A cambio, a empresa presentará unha evolución das táboas salariais que afectaría ás futuras contratacións.
O Consello de Contas expresa dúbidas na xestión e efectividade de cursos de formación outorgados pola Xunta, entre eles algúns de entidades investigadas na trama Zeta. A información, esta tarde en Praza.
Compromiso por Galicia leva á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas unha delegación de colectivos e asociacións galegas "para presentaren as súas reivindicacións" a través de iniciativas de Coalición por Europa, o grupo co que concorreron ás eleccións. "Con esta visita, que terá continuidade con outras, CxG cumpre a súa palabra de ser a voz de Galicia en Europa", di o secretario xeral do partido, Xoán Bascuas.
Sin Permiso e Diagonal publican unha análise de Saskia Sassen sobre o TTIP: "Máis dereitos para as empresas, menos empregos para as comunidades"