Citroën retira da súa proposta salarial para a planta de Vigo a baixada do 5% e o recorte nas pagas extra. A cambio, a empresa presentará unha evolución das táboas salariais que afectaría ás futuras contratacións.
Fálase
O Consello de Contas expresa dúbidas na xestión e efectividade de cursos de formación outorgados pola Xunta, entre eles algúns de entidades investigadas na trama Zeta. A información, esta tarde en Praza.
Compromiso por Galicia leva á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas unha delegación de colectivos e asociacións galegas "para presentaren as súas reivindicacións" a través de iniciativas de Coalición por Europa, o grupo co que concorreron ás eleccións. "Con esta visita, que terá continuidade con outras, CxG cumpre a súa palabra de ser a voz de Galicia en Europa", di o secretario xeral do partido, Xoán Bascuas.
Sin Permiso e Diagonal publican unha análise de Saskia Sassen sobre o TTIP: "Máis dereitos para as empresas, menos empregos para as comunidades"
ElDiario ofrece unhas breves "claves" para entender as protestas que veñen de derrocar o presidente de Burkina Faso, Blaise Compaoré, que levaba 27 anos no poder
A Xunta obrigou a discapacitados a ir a entrevistas para cursos de Crespo tras detectar anomalías. O Goberno galego subvencionou con 100.000 euros Azetanet un ano despois de denunciar irregularidades.
A investigación estende a operación Púnica a Galicia, que será investigada polo contrato que o Sergas asinou con Cofely, a principal empresa da trama.
Amancio Ortega ingresa hoxe 447 millóns en dividendos de Inditex, polo que recibirá este ano case 900 millóns a través das sociedades coas que xestiona a súa participación na multinacional téxtil.
Un de cada sete embarazos acaba en aborto voluntario en Galicia. As interrupcións voluntarias da xestación descenderon un 5,8% respecto a 2012.
O presidente de Edgewater asegura que a Xunta animoulles "a investir" para logo "rachar a negociación". "Buscamos un socio español como nos dixeron e tamén nos rexeitan", di George Salamis nunha entrevista a El País, na que di que Feijóo "implicouse" na instalación da polémica mina.