Besteiro reclámalle á Xunta que elabore orzamentos participativos ao xeito da Deputación de Lugo. Fíxoo durante a presentación das contas do ente provincial lucense no Parlamento, onde reivindicou que a "alternativa política progresista" é "solvente e viable" dende o punto de vista económico.
