Daniel Raventós analiza en SinPermiso as mobilizacións catalás polo dereito a decidir. Sinala que "é tráxico que o proceso iniciado en Catalunya non sexa percibido como un factor central de crise do réxime borbónico por algúns que se declaran republicanos no resto do Reino de España"
Fálase
Jorge Fabra, de Economistas Frente a la Crisis, pregúntase se "saimos xa da crise" e analiza en dez punto o estado actual da economía europea.
A asemblea de comuneiros de Cabral celebrou este sábado a súa asemblea sen chegar a un acordo sobre a cesión dos montes comunais para a construción de Porto Cabral.
Unha sentenza do Tribunal Constitucional anula o trato de favor do que gozaban as universidades católicas. Deberán dotarse unha lei de creación que deberá ser aprobada polos parlamentos autónomos e non pola Conferencia Episcopal, como até agora.
Un informe de perspectivas económicas do Deutsche Bank sinala que a economía española se vai parecendo cada vez máis á alemá, cun modelo de crecemento pobre centrado na diminución dos custes laborais e un maior papel das exportacións
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos notificará esta mañá o seu fallo definitivo sobre a doutrina Parot, e espérase que confirme a ilegalidade desta práctica.
O Ourense é o novo líder da Segunda B. Os galegos venceron o Tropezón (3-1), mentres que o Coruxo caeu goleado na casa ante o Noja (1-5). O Celta B caeu en Santander (3-1) e o Racing de Ferrol empatou ante a Cultural Leonesa (2-2).
Triple empate na cabeza da Terceira División galega entre Cerceda, Boiro e Ordes.
Laracha 0 - 1 Ordes
As Pontes 1 - 0 Negreira
Bertamiráns 0 - 0 Boiro
Rápido de Bouzas 3 - 1 Fabril
Alondras 3 - 0 Barbadás
Grixoa 0 - 3 Choco
Betanzos 1 - 1 Pontevedra
Cerceda 5 - 0 Racing Vilalbés
Arousa 0 - 1 Somozas
Cultural Areas 2 - 3 DornedaO Deportivo acada o empate no tempo engadido (1-1) contra o Zaragoza grazas a un gol e Borja Bastón. Os branquiazuis acabaron o encontro con dez xogadores por expulsión de Luisinho.
A esquerda independentista xunta milleiros de persoas en Barcelona baixo o lema Independencia para cambialo todo. En Italia e Portugal, ducias de miles de cidadáns rexeitan os recortes dos seus gobernos.