Fíltranse os primeiros resultados das eleccións presidenciais francesas, que prognostican unha vitoria do socialista François Hollande. En Ara.

Fíltranse os primeiros resultados das eleccións presidenciais francesas, que prognostican unha vitoria do socialista François Hollande. En Ara.
Twiteiros franceses toman con humor a prohibición de difundir sondaxes ata que pechen os colexios electorais e enchen a rede social de humor co hastag #RadioLondres
Máis dun milleiro de persoas rexeitaron hoxe en Lalín a construción dunha incineradora de residuos no Irixo. Toda a información da manifestación, esta tarde en Praza.
A Liga Estudantil Galega chama á mobilización estudantil o vindeiro 10 de maio contra a suba das taxas universitarias. Galiza Nova e os Comités anunciaran este sábado a convocatoria de protestas.
O Goberno arxentino agradécelle á eurodeputada do BNG, Ana Miranda, a súa "solidariedade" na expropiación de YPF, que a nacionalista apoiou na Eurocámara. En Diario Crítico de Argentina
O blog Telediaria repasa as quinielas das posibles candidaturas á presidencia de RTVE. De Zaplana a Urdaci, pasando por xornalistas que se destacaron polo apoio ao PP durante os seus anos na oposición.
O Deportivo sofre pero afiánzase á fronte da clasificación e xa está un chisco máis preto de Primeira. Vén de impoñerse 4-3 ao Elxe.
O BNG trasladará tamén ao Parlamento de Galicia o "trato discriminatorio" do Estado a respecto da Real Academia Galega. O Goberno central recórtalle á RAG o 62% da súa achega pero ás institucións semellantes de Euskadi e Catalunya retíralles só o 20%, destaca a voceira parlamentaria nacionalista, Ana Pontón.
Esta mañá celébrase en Gondomar a "sentada lectora", para reivindicar a lectura tentando encher de libros a Alameda da vila. Manuel Bragado achega unha imaxe do inicio do acto
O presidente da Xunta asegura, nunha ampla entrevista en El País, que o Estado das Autonomías "funcionará se é máis delgado". Defende a "gallardía" de Conde Roa e, entre outros asuntos, aborda a reforma de RTVE, que ata agora tiña a dirección "que quixo Rubalcaba", asegura.