Esta mañá celébrase en Gondomar a "sentada lectora", para reivindicar a lectura tentando encher de libros a Alameda da vila. Manuel Bragado achega unha imaxe do inicio do acto
Fálase
O presidente da Xunta asegura, nunha ampla entrevista en El País, que o Estado das Autonomías "funcionará se é máis delgado". Defende a "gallardía" de Conde Roa e, entre outros asuntos, aborda a reforma de RTVE, que ata agora tiña a dirección "que quixo Rubalcaba", asegura.
O PSdeG reitera a necesidade de que a Xunta presente o seu proxecto de Lei de Publicidade Institucional. O deputado José Manuel Lage Tuñas subliña que o Goberno galego "leva dous anos incumprindo o seu compromiso".
O futuro da monarquía española ocupa este domingo boa parte das portadas dos diarios impresios de difusión estatal. En El País faino a través da entrevista ao secretario xeral do PSOE, que asegura que el lle tería recomendado non ir cazar a Bostsuana. Noutros, como El Mundo, unha enquisa sinala que o 52% dos españois ve "danada" a imaxe da Coroa.
Aumenta e a presión sobre o Celta para non deixar escapar o Valladolid tras perder 0-1 co Hércules.
O Obradoiro gáñalle ao Gran Canaria por 65-45 e aférrase á Liga ACB.
O Consello de Seguridade da ONU dá o visto e prace ao envío de 300 observadores máis a Siria. Na NBC
Novidades nas conversas para a constitución do "novo proxecto común". Toda a información, nuns minutos en Praza
Javier Gómez Noya, campión de Europa de triatlón por terceira vez. O triatleta galego vénse de impoñer no campionato desputado en Eliat (Israel), chegando á meta 21 segundos antes que o seu inmediato perseguidor, Alexander Bryukhankov.
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, participou con Guillerme Vázqueez na asemblea comarcal da formación en Ourense. Jorquera puxo o acento na "fraude" que, asegura, supoñen os contratos autorizados polo Consello de Ministros para o AVE galego. "Son imposíbeis de executar", asegura.