O Consello de Seguridade da ONU dá o visto e prace ao envío de 300 observadores máis a Siria. Na NBC

O Consello de Seguridade da ONU dá o visto e prace ao envío de 300 observadores máis a Siria. Na NBC
Novidades nas conversas para a constitución do "novo proxecto común". Toda a información, nuns minutos en Praza
Javier Gómez Noya, campión de Europa de triatlón por terceira vez. O triatleta galego vénse de impoñer no campionato desputado en Eliat (Israel), chegando á meta 21 segundos antes que o seu inmediato perseguidor, Alexander Bryukhankov.
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, participou con Guillerme Vázqueez na asemblea comarcal da formación en Ourense. Jorquera puxo o acento na "fraude" que, asegura, supoñen os contratos autorizados polo Consello de Ministros para o AVE galego. "Son imposíbeis de executar", asegura.
Comezan a concretarse as mobilizacións contra a suba das taxas universitarias. Galiza Nova e os Comités convocan folga estudantil para o vindeiro 10 de maio.
O Tribunal Constitucional rexeita un recurso interposto por Aznar e avala que as seleccións deportivas vascas compitan internacionalmente se non o fan contra os combinados españois. En El País.
Esta mañá estase a celebrar en Santiago unha "marcha contra a manipulación" nos medios públicos. A protesta vén de chegar ás inmediacións da sede da CRTVG. (foto: @PollyJeanVigo)
A reforma de RTVE coa que o PP se asegura o seu control inclúe a redución dun dos representantes sindicais no Consello de Administración do ente. No BOE de hoxe.
Máis de oitenta millonarios estadounidenses únense á iniciativa Giving pledge, a través da cal se comprometen a donar cando menos a metade das súas fortunas a "causas filantrópicas"
Rematou a Liga regular na LEB Prata e comezan os playoffs de ascenso á LEB Ouro. Os dous equipos galegos loitarán polo ascenso: o Aguas de Sousas Ourense, que foi 2º no campeonato regular, enfrontarase ao Lan Mobel ISB, de Azpeitia; pola súa parte, o Leyma Natura Basquet Coruña xogará contra o Aurteneche Maquinaria Araba. As eliminatorias dispútanse ao mellor de 3 partidos e os dous equipos galegos teñen a vantaxe de campo en caso de que sexa necesario o desempate. A serie comeza o próximo martes, día 24, na Coruña ás 20:30 e en Ourense ás 21h. Se os dous equipos galegos se clasifican, loitarán entre si por unha praza na final.