O Tribunal Constitucional rexeita un recurso interposto por Aznar e avala que as seleccións deportivas vascas compitan internacionalmente se non o fan contra os combinados españois. En El País.

O Tribunal Constitucional rexeita un recurso interposto por Aznar e avala que as seleccións deportivas vascas compitan internacionalmente se non o fan contra os combinados españois. En El País.
Esta mañá estase a celebrar en Santiago unha "marcha contra a manipulación" nos medios públicos. A protesta vén de chegar ás inmediacións da sede da CRTVG. (foto: @PollyJeanVigo)
A reforma de RTVE coa que o PP se asegura o seu control inclúe a redución dun dos representantes sindicais no Consello de Administración do ente. No BOE de hoxe.
Máis de oitenta millonarios estadounidenses únense á iniciativa Giving pledge, a través da cal se comprometen a donar cando menos a metade das súas fortunas a "causas filantrópicas"
Rematou a Liga regular na LEB Prata e comezan os playoffs de ascenso á LEB Ouro. Os dous equipos galegos loitarán polo ascenso: o Aguas de Sousas Ourense, que foi 2º no campeonato regular, enfrontarase ao Lan Mobel ISB, de Azpeitia; pola súa parte, o Leyma Natura Basquet Coruña xogará contra o Aurteneche Maquinaria Araba. As eliminatorias dispútanse ao mellor de 3 partidos e os dous equipos galegos teñen a vantaxe de campo en caso de que sexa necesario o desempate. A serie comeza o próximo martes, día 24, na Coruña ás 20:30 e en Ourense ás 21h. Se os dous equipos galegos se clasifican, loitarán entre si por unha praza na final.
O Goberno central non impulsará medida ningunha para incrementar a información á cidadanía sobre a Casa Real nin prevé incluíla na Lei de Transparencia que está a tramitar. En El País.
Está a piques de comezar Amores Prohibidos 2.0, unha obra de teatro moi real protagonizada por alumnos de Secundaria. Nun informativo especial, resumen o que levan feito ata agora.
O Consello Galego da Competencia ábrelle un expediente ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por "posibles prácticas restritivas da competencia". A Xunta informa de que se investiga o COAG por "impoñer aos arquitectos requisitos que restrinxes as posibilidades de seren inscritos nas listas de peritos".
O Breogán, a un paso dos play off para loitar polo ascenso á ACB despois de gañarlle ao Granada por 63 a 80. O Obradoiro xoga esta tarde contra o Gran Canaria.
O PSOE difunde un vídeo a través da súa web no que, baixo o lema "van por todo" recompilan declaracións de dirixentes do PP negando medidas de recorte que agora está a aplicar o Goberno central.