O Consello Galego da Competencia ábrelle un expediente ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por "posibles prácticas restritivas da competencia". A Xunta informa de que se investiga o COAG por "impoñer aos arquitectos requisitos que restrinxes as posibilidades de seren inscritos nas listas de peritos".
Fálase
O Breogán, a un paso dos play off para loitar polo ascenso á ACB despois de gañarlle ao Granada por 63 a 80. O Obradoiro xoga esta tarde contra o Gran Canaria.
O PSOE difunde un vídeo a través da súa web no que, baixo o lema "van por todo" recompilan declaracións de dirixentes do PP negando medidas de recorte que agora está a aplicar o Goberno central.
O director xeral de Migracións do Estado, o ex conselleiro de Emigración Aurelio Miras Portugal, anuncia unha suba das pensións asistenciais para os españois residentes na Arxentina. A poucos meses das eleccións autonómicas, ante os emigrantes avoga tamén por unha reforma legal que lles facilite de novo a posibilidade de votar. En España Exterior.
O control de RTVE decidido polo Goberno central figura en boa parte das portadas dos diarios impresos. Os afíns ao Executivo falan de fin do "desbloqueo", mentres que outros como o catalán Ara aseguran que Rajoy "queda con RTVE"
O control de RTVE decidido polo Goberno central figura en boa parte das portadas dos diarios impresos. Os afíns ao Executivo falan de fin do "desbloqueo", mentres que outros como o catalán Ara aseguran que Rajoy "queda con RTVE"
#CMin O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa o seu "absoluto rexeitamento" ás novas condicións para as televisións autonómicas aprobadas polo Goberno central e defende unha CRTVG "pública". Na web do CPXG
#CMin O Consello de Ministros autorizou tamén a formalización de sete contratos para catro treitos do AVE a Galicia. A vicepresidenta non os anunciou na súa intervención ante os medios. O Goberno central detállaos aquí.
O Goberno central aproba dous Reais Decretos para imputar a José Ramón Ramírez e Miguel Ángel Sáez, inhabilitados por seren considerados cómplices dun delito de falsidade en documento oficial no caso do accidente do Yak-42, durante o Goberno de Aznar Soraya Sáenz de Santamaría non o mencionou durante a súa rolda de prensa.
UGT e CC.OO. chaman a protestar "contra o estado de emerxencia". Convocan manifestacións baixo o lema Coa sanidade e a educación non se xoga o domingo 29 de abril en toda España, xusto un mes despois da folga xeral.