UGT e CC.OO. chaman a protestar "contra o estado de emerxencia". Convocan manifestacións baixo o lema Coa sanidade e a educación non se xoga o domingo 29 de abril en toda España, xusto un mes despois da folga xeral.
Fálase
Esta semana presentouse o Instituto de Estudos Irienses, con sede en Herbón, co obxectivo de "divulgar a cultura e ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico da Terra de Iria", segundo afirmou Anxo Angueira na súa presentación. O IEI abrangue os concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures e Catoira e toma como referencia entidades coma o Instituto de Estudos Miñoranos.
Linus Torvalds, creador do sistema operativo Linux, obtén o Nóbel de Tecnoloxía, que cada dous anos entrega a Academia Finlandesa.
O alcalde popular de Tres Cantos (Madrid) sobe o soldo 18 mil euros e cobrará máis ca un ministro. Os concelleiros tamén incrementaron a súa retribución entre un 15 e un 31 por cento.
Encadearse cos brazos será considerado "atentado contra a autoridade" coa reforma do Código Penal. Segundo Ignacio Ulloa, secretario de Estado de Seguridade, será igual que "agredir" un axente, aínda que terá unha pena inferior
A AELG pide que a nova estación de tren de Ourense se chame Curros Enríquez e que nela figuren as estrofas daquel poema co que o escritor saudaba a chegada da modernidade. A Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de iniciar a recollida de adhesións.
#CMin Soraya Sáenz de Santamaría anuncia que Televisión Española volve por decreto á lei do ano 2006. O Goberno central poderá elixir os órganos de dirección da televisión pública sen pactar con ningunha outra forza política grazas á súa maioría absoluta. A vicepresidenta xustifícao na necesidade de "desbloquear" o ente.
#CMin O Goberno central aproba un anteproxecto de lei para "flexibilizar a xestión" das televisións autonómicas. "Amplíase a liberdade de elección" para "decidir se prestan ou non o servizo de televisión", isto é, "sacar a concurso" as licenzas, ou se queren privatizalas.
Publican o segundo número da revista satírica Mongolia, cunha portada que dará que falar e advertindo que é un "especial para secuestrar"
A Secretaría da Muller da CIG reprocha que a Xunta prometa "dereitos para os non nacidos" mentres "elimina prestacións para o resto" e instan o Goberno a insta "que abandone a súa pretensión de adoutrinar á sociedade"