#CMin O Goberno central aproba un anteproxecto de lei para "flexibilizar a xestión" das televisións autonómicas. "Amplíase a liberdade de elección" para "decidir se prestan ou non o servizo de televisión", isto é, "sacar a concurso" as licenzas, ou se queren privatizalas.
Fálase
- PublicidadePublicidade
Publican o segundo número da revista satírica Mongolia, cunha portada que dará que falar e advertindo que é un "especial para secuestrar"
- PublicidadePublicidade
A Secretaría da Muller da CIG reprocha que a Xunta prometa "dereitos para os non nacidos" mentres "elimina prestacións para o resto" e instan o Goberno a insta "que abandone a súa pretensión de adoutrinar á sociedade"
- PublicidadePublicidade
O acordo de lexislatura entre o PSOE e IU en Andalucía (que deberá ser ratificado polas bases da coalición de esquerdas) prevé a creación dun Instituto de Crédito autonómico, incrementar a presión fiscal sobre as rendas máis altas e propón unha reforma lectoral. O documento pódese descargar aquí.
- PublicidadePublicidade
O Parlamento Europeo aproba por ampla maioría suspender as axudas aos produtos arxentinos, co voto a favor de todos os grupos, agás de Verdes/Alianza Libre Europea (da que forma parte o BNG) e a Esquerda Unitaria (na que se insire Esquerda Unida). Os socialistas españois tampouco votaron a favor de limitar as vantaxes arancelarias das que neste momento gozan os produtos arxentinos, aínda que si condenaron a decisión do Goberno de Cristina Fernández.
- PublicidadePublicidade
A deputada Ana Miranda denuncia na Eurocámara a situación do colectivo de mariscadoras de Barallobre como exemplo das consecuencias do incumprimento da directiva europea en materia de augas.
- PublicidadePublicidade
#consellodaxunta Feijóo compara de novo, sen citalo, a Conde Roa co alcalde de Lugo, Xosé López Orozco: "outros alcaldes imputados seguen no seu cargo e presidindo o seu partido", reprocha.
- PublicidadePublicidade
#consellodaxunta Feijóo confirma que o PP vai tramitar o expediente informativo sobre Conde Roa. Defende que dimitiu porque ten "máis amor á cidade que ao cargo".
- PublicidadePublicidade
#consellodaxunta Feijóo asegura que o Goberno central "felicitou" a Xunta pola consideración dos non nados como membros da unidade familiar, apoiada nunha lei impulsada polo Foro Español de la Familia, e que o Estado "vai facer súa a idea".
- PublicidadePublicidade
#consellodaxunta O presidente ofrece cifras para amosar que en Galicia se "consomen" demasiados medicamentos. Asegura que a suba do copagamento é para "pagar o Plan E" de Zapatero.
- PublicidadePublicidade