O Parlamento Europeo aproba por ampla maioría suspender as axudas aos produtos arxentinos, co voto a favor de todos os grupos, agás de Verdes/Alianza Libre Europea (da que forma parte o BNG) e a Esquerda Unitaria (na que se insire Esquerda Unida). Os socialistas españois tampouco votaron a favor de limitar as vantaxes arancelarias das que neste momento gozan os produtos arxentinos, aínda que si condenaron a decisión do Goberno de Cristina Fernández.
Fálase
A deputada Ana Miranda denuncia na Eurocámara a situación do colectivo de mariscadoras de Barallobre como exemplo das consecuencias do incumprimento da directiva europea en materia de augas.
#consellodaxunta Feijóo compara de novo, sen citalo, a Conde Roa co alcalde de Lugo, Xosé López Orozco: "outros alcaldes imputados seguen no seu cargo e presidindo o seu partido", reprocha.
#consellodaxunta Feijóo confirma que o PP vai tramitar o expediente informativo sobre Conde Roa. Defende que dimitiu porque ten "máis amor á cidade que ao cargo".
#consellodaxunta Feijóo asegura que o Goberno central "felicitou" a Xunta pola consideración dos non nados como membros da unidade familiar, apoiada nunha lei impulsada polo Foro Español de la Familia, e que o Estado "vai facer súa a idea".
#consellodaxunta O presidente ofrece cifras para amosar que en Galicia se "consomen" demasiados medicamentos. Asegura que a suba do copagamento é para "pagar o Plan E" de Zapatero.
#consellodaxunta Feijóo entende que aos pensionistas "non lles agrade" ter que pagar os medicamentos, como ao Goberno central "non lle agrada" ter que pór en marcha esa medida, pero faino para "ser responsable", di. Mantén que a asistencia sanitaria é "gratis".
#consellodaxunta O presidente defende que o "obxectivo" da viaxe a México era "incluír na axenda" de Rajoy e Calderón o "posible" acordo entre Pemex e o sector naval galego. Asegura, con "prudencia", que podería haber resultados en "oito ou dez semanas".
#consellodaxunta Ricardo Capilla, novo director da Axencia de Innovación. Elimínase a dirección xeral de Innovación da Consellería de Economía e Industria.
#consellodaxunta A Xunta vai solicitar a convocatoria da comisión bilateral Galicia-Estado para tratar o futuro da enerxía eólica. Di Feijóo que a Xunta "acepta" a fin das primas ás renovables pero pide un "novo marco".