#consellodaxunta O presidente defende que o "obxectivo" da viaxe a México era "incluír na axenda" de Rajoy e Calderón o "posible" acordo entre Pemex e o sector naval galego. Asegura, con "prudencia", que podería haber resultados en "oito ou dez semanas".
Fálase
#consellodaxunta Ricardo Capilla, novo director da Axencia de Innovación. Elimínase a dirección xeral de Innovación da Consellería de Economía e Industria.
#consellodaxunta A Xunta vai solicitar a convocatoria da comisión bilateral Galicia-Estado para tratar o futuro da enerxía eólica. Di Feijóo que a Xunta "acepta" a fin das primas ás renovables pero pide un "novo marco".
A Fundación das Caixas de Aforros (Funcas) prevé que o PIB caia un 1,5% en 2013 e o paro acade o 26,3%. O informe é moito máis negativo que o presentado esta semana polo FMI, que anunciou que España crecería unha décima o ano que vén.
Unha escavadora botou abaixo esta mañá as últimas vivendas do poboado de Penamoa, na Coruña, despois de case trinta anos de asentamento.
O vicesecretario xeral de Organización do PP, Carlos Floriano, xustifica os recortes porque "non estamos no borde do precipicio, estamos no precipicio agarrados nunha cornixa"
Rajoy, dende Colombia sobre o incremento das taxas universitarias: "Trátase dun pequeno esforzo, de poucos euros ao mes". En Ara.
Os diarios impresos de hoxe levan, na súa practica totalidade, os novos recortes de Rajoy ás portadas. El Periódico de Catalunya resume todos os recortes no concepto de "dieta Rajoy", mentres que diarios conservadores como La Razón fala de que "se impón o esforzo".
O ex xerente do PP de Ourense admite que o partido encargou o seu congreso de 2002 a unha das empresas da trama Gürtel. Admitiuno no xuízo contra o xornalista e o medio que o revelaron, aos que demandou. En Faro de Vigo.
Un manifesto asinado por 500 personalidades de todo o Estado pídelle a Rajoy que asuma a folla de ruta da Conferencia Internacional de Paz de Donostia, aprobada o pasado ano. Entre os asinantes están Adolfo Pérez Esquivel, José Manuel Naredo, José Luis Sampedro, Santiago Alba Rico, Carlos Taibo, Isaac Rosa ou Pilar Bardem